O libro do Courel

19,89 €
Impuestos incluidos

Este libro é unha viaxe ao Courel, ao de antano e ao de agora, para gozar, ademais da súa natureza privilexiada, dos rescaldos da vida tradicional e das súas manifestacións culturais que, malia a emigración e o envellecemento da poboación, aínda se conservan. A cultura castrexa, a pegada romana, a arquitectura popular e relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o seu fío condutor.

Cantidad

O libro do Courel é unha publicación de carácter divulgativo que condensa todos os valores históricoculturais e paisaxísticos dos pobos da Serra do Courel. Afonda na relación dos seus habitantes co medio natural e pon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa cultura. Un traballo que rende homenaxe á montaña galega e ten por obxecto afondar no seu coñecemento polo gran público e promocionar os seus grandes atractivos como destino turístico de natureza.

A cultura castreña, a pegada romana, a arquitectura popular e a arquitectura relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o fío conductor dunha viaxe pola serra do Courel que invita ao visitante a admirar e gozar dunha natureza privilexiada e emocionarse cos rescoldos dunha forma de vida tradicional e das súas manifestacións culturais que, pese á emigración e o envellecemento da poboación, loitan por non desaparecer do todo.

Propón, así mesmo, diferentes percorridos entre as vilas da serra para descubrir soutos, castros, fervenzas, muíños de auga, antigas ferrerías, sequeiros, cabanas, e unha infinidade de tesouros agochados nestes pobos da montaña galega.

SOBRE A AUTORA

Sonia María García García (A Coruña, 1972), licenciada en Geografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesora de Ensino Secundario e de Bacharelato na Coruña.

En 2017 publicou a novela de ficción histórica Toca: el oro de la Gallaecia, ambientada no Courel.

Publicou, ademais, artigos relacionados coa xeografía e a cultura de Galicia en revistas especializadas en Educación e en diversas gacetas, e administra varios blogs dedicados á divulgación da xeografía e a historia de Galicia. 

Ficha editorial

AUTOR/A:
Sonia María García García
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-84-941751-7-6
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
19 X 23 Cm
PÁGINAS:
176
AÑO DE PUBLICACIÓN:
2016

Descargas

FICHA EDITORIAL

Descargas (171.67k)

Otros libros del autor/a: