Henrique Dacosta intérnase no thriller policiaco en «Mortes con argumento»

Henrique Dacosta intérnase no thriller policiaco en "Mortes con argumento"

Henrique Dacosta, xunto ao xornalista Xosé Fandiño, na presentación da súa novela en Canido (Ferrol)

A costa ferrolá e as súas xentes protagonizan a última novela de Henrique Dacosta, «Mortes con argumento», que vén de publicar a editorial Belagua Ediciones, e que se presentou o pasado xoves, día 11 de decembro, ás 19.30 horas no Centro Cívico de Canido (Ferrol), nun acto conducido polo xornalista Xosé Fandiño e organizado pola asociación sociocultural Muíño do Vento.

Tres anos despois da publicación do seu libro de relatos «O estraño caso da bicicleta amarela» (Belagua, 2022), o profesor e escritor ferrolán sorpréndenos cunha novela de xénero policial ambientada no contexto rural e mariñeiro da terra na que adoita situar as súas historias para trasladarnos a súa idiosincrasia.

En «Mentes con argumento», Henrique Dacosta abandona o relato curto para debuxar unha ampla panorámica das ameazas que sufren tanto a paisaxe natural das nosas costas como as formas de vida tradicionais, pano de fondo para narrar unha trama onde se entrecruzan dúas mortes en estrañas circunstancias e as súas correspondentes investigacións policiais.

Henrique Dacosta, estudoso das tradicións, a etnografía e a lingüística da contorna de Ferrolterra, logra unha excitante novela que mergulla o lector nun xogo sen fin polo que desfila un bo elenco de personaxes, todos con algo que ocultar.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio