A árbore dos vagalumes

14,00 €
Impuestos incluidos

Unha emotiva historia interxeracional, sobre o valor dos afectos, o respecto aos maiores e, sobre todo, a importancia de conservar a memoria, é dicir, a capacidade de non esquecer de onde vimos.

Cantidad
TEMPORALMENTE SIN STOCK

 

ENVÍO GRATIS 2-3 DÍAS LABORABLES

 

PAGO 100% SEGURO. TARJETA BANCARIA, PAYPAL Y TRANSFERENCIA

 

COMPRAS CON CONFIANZA

A mirada poética e chea de amor dun avó ao seu neto Santi convídanos a entrar nun mundo máxico, alumeado polo simbolismo dos vagalumes e o coidado dunha árbore marabillosa. Santi descubrirá nese mundo a historia da illa de San Simón, que ve desde a súa casa, e comprenderá o valor da memoria e a necesidade de non esquecer de onde vimos.

SOBRE A AUTORA

Xulia María Barros (Redondela, 1966) é escritora e terapeuta. Publicou o libro de poemas Carne y Ceniza e a obra infantil  Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques  Pequeñoles. 

Como terapeuta e facilitadora de obradoiros en Crecemento Persoal e Educación Emocional desenvolve o seu traballo a través da psicoloxía, a música, a arte e a poesía.

Tamén como intérprete musical publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites de Galicia, que levou por diversos  escenarios da nosa terra e da Arxentina.

Ficha editorial

AUTOR/A:
Xulia María Barros
ILUSTRADOR/A:
Diego Salgado
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-121433-4-8
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
14 X 21 cm
PÁGINAS:
56
AÑO DE PUBLICACIÓN:
2020

Descargas

FICHA EDITORIAL

Descargas (256.86k)