Un mundo para Maruxa

14,00 €
Impuestos incluidos

Unha mañá, o barco pesqueiro do pai de Iria trae ao porto a Maruxa, unha londra que ten que ser atendida no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre. 

Iria descubrirá entón o perigo dos plásticos para os animais mariños e o seu impacto medioambiental nos océanos, polo que porá en marcha un plan para salvar o planeta. 

Como vai cambiar a vida de Iria a partir dese intre? Poderá conseguir o que se propoña?

Cantidad

 

ENVÍO GRATIS 2-3 DÍAS LABORABLES

 

PAGO 100% SEGURO. TARJETA BANCARIA, PAYPAL Y TRANSFERENCIA

 

COMPRAS CON CONFIANZA

A historia que narra "Un mundo para Maruxa" é unha invitación á reflexión sobre os hábitos de vida actuais e as súas consecuencias medioambientais, como é a contaminación por plásticos no mar. 

A través das relacións interxeracionais que se dan esta historia, os nenos e nenas achéganse á sabedoría dos maiores e a comprender que, con esforzo, imaginación e interese, se pode vivir sen plásticos e con iso contribuir á preservación da vida no nos planeta.

Estefanía Padullés manéxase habilmente co público infantil, ao que falta identificándose coa súa linguaxe porque comprende as súas inquedanzas. Logra a sonrisa dos lectores con pingas humorísticas e, en conjunto, consigue emocionar cunha narrativa sinxela e directa, enchida de ternura cara os menos e nenas, os mayores e os animais.

SOBRE A AUTORA

Estefanía Padullés (1978) naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Tras estudar Bioloxía en Barcelona, traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna en Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación medioambiental.

Abandonou esta profesión relacionada cos animais para dedicarse á ilustración e á literatura, actividades que realiza actualmente na pequena vila de Paradela (Lugo), onde vive e se inspira grazas ás paisaxes galegas.

Entre as súas obras publicadas atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para o público infantil, entre eles O desexo do gato KlopsA canción do solMax e Lea, e A manchas ou a raias?

Ficha editorial

AUTOR/A:
Estefanía Padullés
ILUSTRADOR/A:
Estefanía Padullés
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-84-121433-0-0
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
17 X 24 Cm
PÁGINAS:
78
AÑO DE PUBLICACIÓN:
2020

Descargas

FICHA EDITORIAL

Descargas (302.32k)