Instrucións para matar un oso

15,00 €
Impuestos incluidos

Instrucións para matar un oso son nove relatos. Nove historias sobre personaxes perdidos no tempo e no espazo. Mulleres e homes baleiros e tremendistas que deambulan en diferentes épocas e condicións sociais sen atopar o seu propio lugar neste planeta. 

Cantidad

O lector atopará nestes relatos personaxes atrapados en situacións, traballos e vidas que non pediron e das que non saben saír. Dominados pola sociedade e coa esperanza (perdida) de poder vivir á marxe desta, aínda que no seu intento lles custe a cordura ou incluso a vida.

SOBRE O AUTOR

Exmembro do Batallón Literario da Costa da Morte e do grupo poético musical The Inversos, onde se encargaba da voz e letras.

Despois dunha longa traxectoria na poesía, coa publicación de varios libros colectivos e de tres obras individuais —Óxido nas flores da tarde (Letras de Cal, 2001), Expansión (Didot Editorial, 2017) e Caída (M Editora, 2019)— fai a súa primeira incursión na narrativa, e quen sabe se a derradeira, con este libro que agora tes entre as mans.

Ficha editorial

AUTOR/A:
Suso Bahamonde
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-84-121433-5-5
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
14 X 21 cm
PÁGINAS:
100
AÑO DE PUBLICACIÓN:
2021