• Novedad

O estraño caso da bicicleta amarela. Oito contos e unha traxicomedia

16,00 €
Impuestos incluidos

Henrique Dacosta volve a súa ollada aos tempos da súa infancia para somerxernos no territorio literario que nunca abandona: a cidade de Ferrol, por un lado, e a súa fascinante costa, por outro. 

Cantidad

 

ENVÍO GRATIS 2-3 DÍAS LABORABLES

 

PAGO 100% SEGURO. TARJETA BANCARIA, PAYPAL Y TRANSFERENCIA

 

COMPRAS CON CONFIANZA

O realismo percorre esta escolma de relatos dispares, lembranzas dunha rapazada que medra escoitando as historias dos vellos mariñeiros e afánase en emulalos; das rúas onde ninguén pasa desapercibido; dun Arsenal que todo o impregna… 

O libro está conformado por oito relatos, enchidos de pequenas traxedias, e unha breve peza dramático-cómica. Por eles aparecen, ademais, personaxes de narracións anteriores, como o teimudo pescador Belarmino, e o torreiro Terencio e mais o seu amigo Venancio, que nO cabo do mundo nos contan as calamidades vividas na construción das baterías militares do cabo Prioiro. 

Unha vez máis, o singular estilo de Dacosta lévanos a admirar o seu dominio da linguaxe e o seu profundo coñecemento de vocábulos e expresións dialectais que lle son propias.

SOBRE O AUTOR 

 

Profesor e escritor. Premio Carvalho Calero con Mar para todo o sempre (1991), Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1993) e Unha mada de doce relatos (2006); Premio Lueiro Rey de Novela con Illas a sotavento (2019). Finalista no I Certame de Relato Curto Cidade Vella: Muralla de Crescórnio (1989). Participou en colectáneas de relatos: Longa lingua. Os contos da Mesa (2002); Seis ferroláns (2003); Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo e En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010).  

Escribiu Os desherdados (2006), O prezo da tentación (2008), Entrada ao xardín do saber (2014), A Rota do Oeste (2019), O día que ao Carlos lle fora mal (2018) e Á deriva (2018); o manual Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007) e Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético (2020).  

Publica artigos e investigacións lingüísticas e literarias en revistas e periódicos, así como en volumes colectivos. É colaborador habitual no Diario de Ferrol.

Ficha editorial

AUTOR/A:
Henrique Dacosta
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-84-124434-3-1
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
14 X 21 cm
PÁGINAS:
140
AÑO DE PUBLICACIÓN:
Setembro 2022

Otros libros del autor/a: