O xardín das sete portas

19,89 €
Impuestos incluidos

Catorce contos e unha obra teatral que lle dá título compoñen este volume co que Concha Castroviejo gañou en 1961 o Premio Doncel (Contos). Historias cheas da maxia, a fantasía e a cor dos paraísos que coñeceu a súa autora. Rescatámolo agora traducido ao galego por Felicia Estévez, con suxestivas ilustracións de María Lapido, e prólogo de Raquel Conde Peñalosa, estudosa da literatura feminina e especialista na obra das escritoras da posguerra española. 

Cantidad

 

ENVÍO GRATIS 2-3 DÍAS LABORABLES

 

PAGO 100% SEGURO. TARJETA BANCARIA, PAYPAL Y TRANSFERENCIA

 

COMPRAS CON CONFIANZA

Por primeira vez, Belagua Ediciones importa para a lingua galega a que constitúe a práctica totalidade da obra infantil e xuvenil de Concha Castroviejo (Santiago de Compostela, 1910-Madrid, 1995), reunida en “O xardín das sete portas”. Estes catorce contos e unha obra teatral conforman, xunto coa novela “Los días de Lira”, a notable contribución á literatura xuvenil do seu tempo dunha autora que, malia ser unha das máis destacadas narradoras da posguerra española, permanece silenciada e, na súa terra, Galicia, ignorada.

O talento de Concha Castroviejo revélase neste libro con pasaxes de atraínte prosa poética.

SOBRE A AUTORA

Exiliada en México entre 1939 e 1949, Concha Castroviejo foi unha muller  valente para oponerse ás convencións do seu tempo, para loitar pola súa liberdade e para divulgar os traballos literarios de mulleres no seu labor de crítica literaria, cando isto apenas era tido en conta. Publicou en vida dúas novelas: Los que se fueron (1957) e Víspera del odio (1959), e deixou escrita unha terceira, En las praderas del gran Manitú, que foi publicada en 2020.

En 1953 trasladouse a Madrid, onde traballoua no diario Informaciones: dirige o seu suplemento infantil e entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana.  Foi unha das poucas mulleres que trabalhou na crítica literaria, onde deixou un traballo inmenso en publicacións como  ÍnsulaLa Estafeta LiterariaCuadernos de OccidenteCuadernos HispanoamericanosBlanco y Negro ou Grial.

Ficha editorial

AUTOR/A:
Concha Castroviejo
ILUSTRADOR/A:
María Lapido
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-84-124434-5-5
ENCUADERNACIÓN:
Tapa dura. Holandesa
TAMAÑO:
25 x 23 cm
PÁGINAS:
144
AÑO DE PUBLICACIÓN:
Outubro de 2022