Isabel Blanco

Isabel Blanco (Vigo, 1962) é avogada especialista en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

É autora de libros de relatos —Los mundos ajenos, Historias de almas inquietas e La muerte de Marilyn y otros relatos—, do poemario en galego Verbas cum, e da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde.

O seu compromiso coa igualdade e a súa mirada feminista guiaron as súas publicacións máis recentes, todas elas publicadas por Belagua Ediciones: Bambú, unha obra narrativa que visibiliza e denuncia a violencia patriarcal no ámbito familiar, e os libros Galegas na ciencia e Galegas nas artes, ilustrados por María Lapido, e dedicados a divulgar as biografías de mulleres pioneiras.

Carrito de compra
Scroll al inicio