Luz Darriba

Luz Darriba naceu en 1954, en Montevideo. Trasladouse en 1970 coa súa familia a Bos Aires, e vive dende 1990 en Galicia. Filla da diáspora galego-asturiana no Río da Prata, estudou Belas Artes e Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires.Como artista, realizou centos de exposicións, macrointervencións en espazos públicos (como a da Muralla de Lugo, con 659.000 libros) e recibiu numerosas distincións internacionais.

Formou parte do staff permanente de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país (2005-2008). En 2010 retomou a súa vella vocación literaria, e publicou Toda a xente errante, a súa primeira novela (2012), Xoguetes para nenos cegos (2015) e O que o vento non se levou, relatos para espertar a memoria (2016). Recibiu nesta etapa varios recoñecementos, entre eles o Premio Ánxel Fole (2012). Os seus relatos forman parte de moitas antoloxías en España e Latinoamérica (como Bovarismos, antoloxía de relatos escritos por mulleres).

Escribe unha columna semanal en Nósdiario e colabora con distintas publicacións internacionais.

Carrito de compra
Scroll al inicio