ABRIL

18,00 €
Impuestos incluidos

Nesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve as súas dúas protagonistas das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado que esixe reparación e esperanza.

Cantidad

 

ENVÍO GRATIS 2-3 DÍAS LABORABLES

 

PAGO 100% SEGURO. TARJETA BANCARIA, PAYPAL Y TRANSFERENCIA

 

COMPRAS CON CONFIANZA

Na vila de Muxía, na máxica Costa da Morte, entrecrúzanse historias de ida e volta atravesadas por décadas de falso ou meditado silencio. Andrea Neumann quere fuxir de canto a feriu nun pasado innomeábel na Arxentina. Luísa está alí, tentando ceibarse da súa caixa de cristal, para lembrarlle que o máis sinxelo é fuxir, porén, o máis doloroso é regresar. 

O berro dunha xeración, acalado pola forza bestial dun xenocidio, renace na voz reprimida da seguinte. Non importa canto tempo transcorrese, a verdade máis fonda, coma a auga, atopa sempre o seu curso. E o amor agarda por ela para recollela e aniñala.

Nesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve a Andrea e a Luísa das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado que esixe reparación e esperanza.

SOBRE A AUTORA

Luz Darriba naceu en 1954, en Montevideo. Trasladouse en 1970 coa súa familia a Bos Aires, e vive dende 1990 en Galicia. Filla da diáspora galego-asturiana no Río da Prata, estudou Belas Artes e Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires.Como artista, realizou centos de exposicións, macrointervencións en espazos públicos (como a da Muralla de Lugo, con 659.000 libros) e recibiu numerosas distincións internacionais.

Formou parte do staff permanente de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país (2005-2008). En 2010 retomou a súa vella vocación literaria, e publicou Toda a xente errante, a súa primeira novela (2012), Xoguetes para nenos cegos (2015) e O que o vento non se levou, relatos para espertar a memoria (2016). Recibiu nesta etapa varios recoñecementos, entre eles o Premio Ánxel Fole (2012). Os seus relatos forman parte de moitas antoloxías en España e Latinoamérica (como Bovarismos, antoloxía de relatos escritos por mulleres).

Escribe unha columna semanal en Nósdiario e colabora con distintas publicacións internacionais. 

Ficha editorial

AUTOR/A:
Luz Darriba
IDIOMA:
Galego
ISBN:
978-84-121433-1-7
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
14 X 21 cm
PÁGINAS:
288
AÑO DE PUBLICACIÓN:
2020

Descargas

DESCARGAR FICHA EDITORIAL

FICHA EDITORIAL

Descargas (418.57k)

Otros libros del autor/a: