“Pedro, o piloto de gaivotas”, un libro sobre inclusión e diversidade

As presentacións en sociedade do libro infantil “Pedro, o piloto de gaivotas” comenzaron en novembro en Sarria e Lugo, coa participación do seu autor, Manuel Darriba e a súa ilustradora, Aida Alonso. Nas dúas localidades, cunha asistencia de público abrumadora, fundamentalmente pais, nais e nenos e nenas que gozaron coa historia de Pedro e participaron despois nun obradoiro de ilustración inclusivo, dirixido por Aida Alonso, no que se fixeron tamén eles pilotos e pilotas de gaivotas.

Falar deste álbum que ten como temática a inclusión é falar de Pedro Darriba, o fillo de tres anos do autor, cunha enfermidade das denominadas raras.

Sen entrar na historia particular de Pedro nin na súa discapacidade, o desexo do autor foi “transmitir a idea de que todas as persoas teñen que ter un lugar no mundo para vivir felizmente e con dignidade, e lembrar que a dependencia non é exclusiva das persoas con discapacidade, senón que todas, nalgún momento das nosas vidas, necesitamos da axuda de outros”.

“Pedro, o piloto de gaivotas” é unha sinxela historia de solidariedade e un canto á dignidade e á liberdade de todas as persoas. Unha mensaxe que chega voando nunha gaivota, a través das fermosas imaxes de Aida Alonso, que as compón pegando recortes con tesoiras de cartolinas de cores.

Carrito de compra
Scroll al inicio