Tripas

16,00 €
Impuestos incluidos

Este poemario, publicado en edición bilingüe (galego e castelán), está poboado de imaxes eróticas, cotiás e íntimas. Textos multiformes (poemas breves, poemas narrativos…) e rotundos versos, fiel á unha singular estilística, falan da insatisfacción vital, das relacións personales e sociais, das pérdidas ou da sensación de afogo.

Cantidad

Facer visibles as tripas, todo o que de forma natural permanece agochado, non é fácil, nin sequera conveniente. Transparentar os tecidos que recobren o oculto significa evitar as precaucións inherentes ao instinto de supervivencia, espirse no máis cru inverno dunha periferia universal e fragmentada.Deixar constancia da dor, da mácula coa que o sangue escurece as superficies é, en esencia, morrer para deixar paso ao mito, ao que nunca foi pero que permanece.

SOBRE O AUTOR

Medrar escribindo sempre o mesmo libro é comezar a miña traxectoria polas Tripas, di Alberte Momán (Ferrol, 1976). Neste punto encóntranse volumes seminais como o Premio Narrativas Quentes, O lobo da xente (Ed. Positivas. 2003), ou o posterior O alento da musa (Difusora. 2007).

Con Os quilómetros que percorremos dende aquela (Ed. Toxosoutos. 2011) fun consciente de que todas as miñas páxinas circulaban ao redor dunha única experiencia que estaba aínda por saír.

Decatarme de que escribir era a única forma de berrar o que doutro xeito permanecería sempre oculto, premendo as paredes do eu como continente, xunto coa dor que ese feito é quen de xerar, fíxome transitar a poesía como remedio en aparencia curativo, plasmando esa necesidade nun número inxente de volumes dos que tan só aquelas persoas con vontade para afondar na cuestión poderán enumerar. Eu carezo dela.

Deixo nestas páxinas un alento do que foi e do que me acompaña aínda, non como enfermidade, senón como unha breve porción da miña biblioteca persoal.

Ficha editorial

AUTOR/A:
Alberte Momán
IDIOMA:
Bilingüe: Galego, Castellano
ISBN:
978-84-946959-3-3
ENCUADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
TAMAÑO:
14 X 21 cm
PÁGINAS:
242
AÑO DE PUBLICACIÓN:
2017

Otros libros del autor/a: