ppp

O noso catálogo de libros orientados á promoción de Galicia, das súas riquezas naturais, culturais e patrimoniais, en xeral, vai […]

As presentacións en sociedade do libro infantil “Pedro, o piloto de gaivotas” comenzaron en novembro en Sarria e Lugo, coa […]

Co gallo da saída do prelo na primavera de 2023 do poemario “O poder da fraxilidade”, o cuarto libro de […]

Miguel Alonso (Ferrol, 1984) é licenciado en Psicoloxía, músico e escritor. Conta con varios discos publicados e recibiu prestixiosos premios, tanto a nivel galego como no Estado español, entre os que destacan o Xuventude Crea (2010) e unha Axuda á Creación Nova do Injuve (2013).

Como poeta e escritor de relatos curtos recibiu varias distincións e participou en diferentes publicacións colectivas, entre as que destacan Pegadas, Dez Anos na Porta e Aldeas sen voz.

Con O caso Quintana (Belagua, 2017), estreouse como novelista e deu vida á estudante de Psicoloxía Laura Mariño, que volve protagonizar O caso dos amantes de París.

Xulia María Barros (Redondela, 1966) é escritora e terapeuta. Publicou o libro de poemas Carne y Ceniza e a obra infantil Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques Pequeñoles.

Como terapeuta e facilitadora de obradoiros en Crecemento Persoal e Educación Emocional desenvolve o seu traballo a través da psicoloxía, a música, a arte e a poesía.

Tamén como intérprete musical publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites de Galicia, que levou por diversos escenarios da nosa terra e da Arxentina.

Isabel Blanco (Vigo, 1962) é avogada especialista en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

É autora de libros de relatos —Los mundos ajenos, Historias de almas inquietas e La muerte de Marilyn y otros relatos—, do poemario en galego Verbas cum, e da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde.

O seu compromiso coa igualdade e a súa mirada feminista guiaron as súas publicacións máis recentes, todas elas publicadas por Belagua Ediciones: Bambú, unha obra narrativa que visibiliza e denuncia a violencia patriarcal no ámbito familiar, e os libros Galegas na ciencia e Galegas nas artes, ilustrados por María Lapido, e dedicados a divulgar as biografías de mulleres pioneiras.

Luz Darriba naceu en 1954, en Montevideo. Trasladouse en 1970 coa súa familia a Bos Aires, e vive dende 1990 en Galicia. Filla da diáspora galego-asturiana no Río da Prata, estudou Belas Artes e Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires.Como artista, realizou centos de exposicións, macrointervencións en espazos públicos (como a da Muralla de Lugo, con 659.000 libros) e recibiu numerosas distincións internacionais.

Formou parte do staff permanente de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país (2005-2008). En 2010 retomou a súa vella vocación literaria, e publicou Toda a xente errante, a súa primeira novela (2012), Xoguetes para nenos cegos (2015) e O que o vento non se levou, relatos para espertar a memoria (2016). Recibiu nesta etapa varios recoñecementos, entre eles o Premio Ánxel Fole (2012). Os seus relatos forman parte de moitas antoloxías en España e Latinoamérica (como Bovarismos, antoloxía de relatos escritos por mulleres).

Escribe unha columna semanal en Nósdiario e colabora con distintas publicacións internacionais.

SONIA MARÍA GARCÍA GARCÍA (A Coruña, 1972), licenciada en Geografía

e Historia por la Universidad de Santiago de Compostela, ejerce como

profesora de Educación Secundaria y Bachillerato en A Coruña.

Su primer libro, O libro do Courel, fue publicado por Belagua Ediciones

en 2016. A este le siguió la novela de ficción histórica Toca, el oro de la

Gallaecia (Belagua, 2017).

Con posterioridad ha publicado los libros Relatos de Candil (Círculo Rojo,

2021) y Un ano no Carballal (Canela, 2021).

Henrique Dacosta (Ferrol, 1964). Profesor de profesión; escritor de vocación. Foi gañador do Certame Carvalho Calero coa novela Mar para todo o sempre (1991) e os relatos Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias(1993) e Unha mada de doce relatos (2006), e finalista con Ruiva mulher de esperança no I Certame de Relato Curto Asociación Cultural Cidade Vella, publicado en Muralla de Crescórnio (1989).

Participou noutras colectáneas de relatos breves: Diálogo de xordos, en Longa lingua. Os contos da Mesa (2002); Ouro maldito, en Seis ferroláns (2003); Cabo do mundo, en Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo; e Soñaba, en En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Escribiu as novelas Os desherdados (2006), O prezo da tentación (2008) e Entrada ao xardín do saber (2014); e o manual Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007). Ten publicado artigos e investigacións lingüísticas e literarias en diversas revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Cátedra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia, Kallaikia, Elipse, etc.). É colaborador habitual do Diario de Ferrol.

Roberto Mera Covas (Ponteareas, 1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santia­go de Compostela. É avogado e politicólogo.

Estefanía Padullés (1978) naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Tras estudar Bioloxía en Barcelona, traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna en Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación medioambiental.

Abandonou esta profesión relacionada cos animais para dedicarse á ilustración e á literatura, actividades que realiza actualmente na pequena vila de Paradela (Lugo), onde vive e se inspira grazas ás paisaxes galegas.

Entre as súas obras publicadas atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para o público infantil, entre eles dous publicados en Belagua: Un mundo para Maruxa (2021) e O pesadelo de Mateo (2023). Outros libros da autora son O desexo do gato KlopsA canción do solMax e Lea, e A manchas ou a raias?.

Periodistas y escritora, trabajó en prensa, radio, televisión y comunicación cor­po­rativa. En 1981 publicó con X. A. Perozo Quen é quen no primeiro parlamento galego y Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas. En 2001 publicó la novela Covardes; en 2012, el ensayo Vine, vi y hablé… las mujeres frente al discurso público; en 2019, las novelas Sándalo_y _Buscando a Clara, y en 2020, el relato «Novelas para Xulia», en el libro colectivo Vivas e Libres.

Feminista comprometida con los derechos humanos, participó activamente en la vida pública gallega. Fue galardonada en 2009 con la Encomienda al Mérito Civil por su contribución a la proyección exterior de España; en 2019, con el premio Primero de Mayo, de CC.OO. al compromiso social y a la solidaridad, y en 2020, con el Ernestina Otero, por su labor y trayectoria feministas.

Juan Carlos Rey (Palma de Mallorca, 1952), oceanógrafo de carrera, ha sido embajador de la Unión Europea en diversos países de los océanos Pacífico e Índico, entre ellos la República de Mauricio. Aprovechó su estancia de casi cinco años en la isla Mauricio para interesarse por las particularidades de este pequeño país, de sus islas y de sus dependencias.

Su pasión por las islas y sus peculiaridades sociales, históricas y medioambientales le ha llevado a visitar un gran número de ellas en varios océanos y mares del mundo, incluso aquellas a las que llegar suponía un gran esfuerzo en términos de tiempo y complicada logística, como es el caso de Agalega. Además de trabajos científicos y relatos de viajes, con los que colabora con revistas y espacios de interés histórico, étnico y académico, ha publicado el libro de fotografías Papúa Nueva Guinea. El esplendor de los colores (Belagua, 2018), Agalega son dos islas y Las fortalezas de las islas Molucas, en colaboración con otros autores.

Estefanía Padullés

Carrito de compra
Scroll al inicio