1[14]1

15,00 

+ Envío gratuito

Cun prólogo de Henrique Dacosta que afonda na traxectoria poética do autor, convértese nun libro fundamental para achegarse ao mundo lírico de Alberte Momán Noval.

Categoría:
Pago Seguro

1 [14] 1 é un libro de poemas ficción que se aproximan ao concepto de exilio, entendido este dende unha perspectiva máis ampla que a simple expatriación. Fálase de persoas exiliadas na súa propia terra, das apartadas, censuradas, descontextualizadas, discriminadas.

1 [14] 1 é tamén unha historia de amor que transcorre nun entorno hostil. Trátase dunha prosa poética que pretende dar un paso adiante para unificar os xéneros lírico e narrativo, como culminación dunha traxectoria na que o autor cultivou ambos xéneros limando as posibles diferenzas existentes.

SOBRE O AUTOR

Alberte Momán (Ferrol, 1976) é autor de poesía, narrativa para adultos e, en breve, será tamén autor édito de narrativa infantil. No eido da edición estreouse colaborando co colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. Posteriormente creou dous selos editoriais, O Figurante e Emerxente. Actualmente vese inmerso no desenvolvemento do selo M Editora.

No campo da narrativa, cunha grande compoñente de experimentación que comeza coa publicación de Vattene!, traballa sobre o concepto da micronovela, onde une xéneros como a fantasía e a ciencia ficción dende unha perspectiva que o achega ao surreal, rescatando, ao mesmo tempo, a esencia de formatos, hoxe case desaparecidos, como o pulp.

Nesta liña encadraríase a Triloxía Vátenne! O legado extraterrestre (culminación daquela primeira micronovela), Bosquexos para unha distopía, Lapamán, Ocidente e Barata minha barata. No que respecta á poesía, leva anos desenvolvendo, como liña temática, unha retrospectiva profundamente autobiográfica.

Con 1 [14] 1 rompe esa dinámica e leva a ciencia ficción ao edio da poesía.

Ficha editorial

AUTOR/A: Alberte Momán
IDIOMA Galego
ISBN: 978-84-949517-4-9
ENCUADERNACIÓN: Rústica Con Lapelas
TAMAÑO: 14 X 21 cm
PÁGINAS: 102
AÑO DE PUBLICACIÓN: 2019

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “1[14]1”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio