,

A ÁRBORE DOS VAGALUMES

14,00 

+ Envío gratuito

Unha emotiva historia interxeracional, sobre o valor dos afectos, o respecto aos maiores e, sobre todo, a importancia de conservar a memoria, é dicir, a capacidade de non esquecer de onde vimos.

Pago Seguro

A mirada poética e chea de amor dun avó ao seu neto Santi convídanos a entrar nun mundo máxico, alumeado polo simbolismo dos vagalumes e o coidado dunha árbore marabillosa. Santi descubrirá nese mundo a historia da illa de San Simón, que ve desde a súa casa, e comprenderá o valor da memoria e a necesidade de non esquecer de onde vimos.

SOBRE A AUTORA

Xulia María Barros (Redondela, 1966) é escritora e terapeuta. Publicou o libro de poemas Carne y Ceniza e a obra infantil  Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques  Pequeñoles.

Como terapeuta e facilitadora de obradoiros en Crecemento Persoal e Educación Emocional desenvolve o seu traballo a través da psicoloxía, a música, a arte e a poesía.

Tamén como intérprete musical publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites de Galicia, que levou por diversos  escenarios da nosa terra e da Arxentina.

Ficha editorial

AUTOR/A: Xulia María Barros
ILUSTRADOR/A: Diego Salgado
IDIOMA Galego
ISBN: 978-121433-4-8
ENCUADERNACIÓN: Rústica Con Lapelas
TAMAÑO: 14 X 21 Cm
PÁGINAS: 56
AÑO DE PUBLICACIÓN: 2020

Adjuntos

FICHA EDITORIAL

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A ÁRBORE DOS VAGALUMES”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio