A GRAN FUXIDA

17,00 

Que ocorre na cidade mentres todo o mundo dorme? Que misterio agocha a noite? Algo incrible está a piques de suceder!

Pago Seguro

Os inquilinos do zoo son quen de organizarse para unir as súas forzas e empregar as habilidades de cada un para lograr a gran fuxida. Esta é a historia da gran aventura animal que protagonizan simios, xirafas, elefantes, papagaios…, co humor e a tenrura do escritor e ilustrador Xosé Tomás.

SOBRE O AUTOR

Xosé Tomás Díaz Teijo, coñecido como Xosé Tomás, é un ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor galego. A maioría da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil, onde traballou para numerosas editoriais, mais é tamén autor de viñetas cómicas publicadas en xornais e revistas, ademais de cómics, carteis…

Ten unha numerosa obra gráfica publicada, tanto sendo ilustrador de textos alleos como dos seus propios textos.

A gran fuxida é o primeiro traballo que publica en Belagua.

Ficha editorial

AUTOR: Xosé Tomás
IDIOMA: Galego
ISBN: 978-84-129637-8-6
ENCUADERNACIÓN: Cartoné (tapa dura)
TAMAÑO: 23 x 23 cm
PÁXINAS: 40
DATA DE PUBLICACIÓN: Novembro 2025

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A GRAN FUXIDA”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio