AS NINGUÉN

16,00 

«Chega a poética de Elisabeth Oliveira enfundada de palabras contra o silencio asoballante. Aquelas desprovistas de nomes atoparán nestas ninguén un acubillo, unha trincheira desde a que calcular onde poñer as bombas». (Silvia Penas)

Categoría:
Pago Seguro

«Chega a poética de Elisabeth Oliveira enfundada de palabras contra o silencio asoballante. Aquelas desprovistas de nomes atoparán nestas ninguén un acubillo, unha trincheira desde a que calcular onde poñer as bombas. Reduto para a vinganza, aquí ecoan séculos de violencia, memoria dunha identidade fragmentada e dócil, portadora dunha carga demasiado invisible para testemuñar o avance.

A medio camiño entre o pasado e a eternidade, asistimos a un devir muller que se esfarela mentres se constrúe, consciente de que o camiño é vasto, duro, tendente ao infinito. Démoslle paso a esta voz que abre sucos de auga no deserto e é capaz de adobar con vinagre a liberdade». (Silvia Penas, na sinopse do libro)

Aquelas, estas, «as ninguén», que calaron, anularon, queimaron, aínda somos nós. Nós, mulleres, nada máis, nada menos, aínda na loita por re-coñecernos iguais.

«Nós!

Que tivemos de inventarnos.» E. Oliveira

SOBRE A AUTORA

Elisabeth Oliveira (Roubaix, Francia, 1971).

De nai e pai portugueses, chegou a Galicia en 1995 para namorar desta terra e non querer marchar nunca. Licenciada polas Universidades de Lille III (Letras Modernas) e a USC (Filoloxía Francesa), actualmente exerce como tradutora e profesora nun IES de Pontevedra.

En 2016 publicou o seu primeiro poemario, Poesis, un libro-CD en catro idiomas (galego, portugués, castelán, francés) con cancións tamén nesas linguas. En 2019 viu a luz o poemario Náufragas no mar e na terra (Urutau), dedicado ás mulleres. 

Participou en varias antoloxías, a última delas Libres e Vivas (Galaxia, 2021) xunto a outras nove autoras galegas, así como en numerosos festivais (Kerouac, Poesía Salvaxe, Entreverbas…), recitais e intervencións (Océano mar, no Museo de Pontevedra; Verbas de muller, no Teatro Municipal; Verbas pola Paz, na Deputación de Pontevedra, etc.).

Foi finalista do premio Jovellanos ao mellor poema do mundo en 2017.

Transita na poesía e na prosa ao son das catro linguas que fala, con predominio da lingua galega.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “AS NINGUÉN”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio