GALEGAS NA MÚSICA

22,00 

Escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música, dende a primeira xoglaresa ata as máis recoñecidas músicas contemporáneas. É, ademais, unha reivindicación da música tradicional galega, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandeireteiras, está presente en todas elas.

Pago Seguro

NOTA DA AUTORA

O día que comecei a traballar no libro Galegas na Música pensei en completar con el unha triloxía que comezara, anos antes, con Galegas na Ciencia e Galegas nas Artes afondando nun traballo de recuperación da vida de mulleres galegas que debían estar nos libros e ser, dese xeito, estudadas e divulgadas como ocorre cos varóns nas mesmas circunstancias profesionais.

Guiada pola man experta do meu querido amigo o pianista, académico e catedrático Alejo Amoedo, xurdían, unha tras outra, unha chea de mulleres galegas que dedicaron a súa vida á música. As múltiples disciplinas amosáronme un universo, vasto e brillante. Infindo. O mundo da lírica foi especialmente sorprendente e revelador. A carón del, as instrumentistas e intérpretes (pianistas, violonchelistas, guitarristas, violinistas, acordeonistas, gaiteiras, arpistas, pandeireteiras…), as cantantes, compositoras, editoras, docentes, académicas, musicólogas, cupletistas, directoras de orquestras, bandas e corais, xoglaresas e cantautoras. Por iso, a orde de aparición non segue en todos os casos a cronoloxía de nacemento, senón as afinidades entre elas.

No eido da música folk e tradicional galega, presente en case todas elas dun ou doutro xeito, resoan as voces inconfundibles e únicas das cantareiras. A elas dedícalles a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas 2025. Homenaxeándoas a elas, ríndeselles xusto recoñecemento á lingua galega e ás nosas raíces. Ao que somos. E con elas quixen abrir este libro. Unha vez máis, a editorial Belagua, como ocorreu con Galegas na Ciencia e Galegas nas Artes, fai posible este traballo reivindicativo do lugar das mulleres na historia. María Lapido, pola súa banda, encárgase de que todas as mulleres galegas deste libro estean vivas.

Agardo que o desfrutedes.

Ficha editorial

AUTORA: Isabel Blanco
ILUSTRADORA: María Lapido
IDIOMA Galego
ISBN: 978-84-129637-0-0
ENCUADERNACIÓN: Tapa Dura
TAMAÑO: 19 X 27 cm
PÁGINAS: 64
AÑO DE PUBLICACIÓN: Febreiro 2025

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “GALEGAS NA MÚSICA”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

Carrito de compra
Scroll al inicio