MORTES CON ARGUMENTO

23,00 

Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos.

Pago Seguro

Tras os seus libros de relatos Á deriva e O estraño caso da bicicleta amarela, Henrique Dacosta sorpréndenos agora cun thriller policial que mantén o suspense de xeito brillante. Levados polo seu proverbial dominio da linguaxe e o seu empeño
propio en manter vivas as expresións da zona, percorremos a admirable paisaxe de Ferrolterra onde o autor teima en situar as súas obras.
Mortes con argumento é unha excitante novela que mergulla o lector nun xogo sen fin onde descubrirá que todos os personaxes teñen algo que ocultar.

E ti? Matarías pola túa causa? Encubrirías o crime dun amigo?

SOBRE O AUTOR

Profesor e escritor. Premio Carvalho Calero con Mar para todo o sempre (1991), Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1993) e Unha mada de doce relatos (2006); Premio Lueiro Rey de Novela con Illas a sotavento (2019). Finalista no I Certame de Relato Curto Cidade Vella: Muralla de Crescórnio (1989). Participou en colectáneas de relatos: Longa lingua. Os contos da Mesa (2002); Seis ferroláns (2003); Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010).

Escribiu Os desherdados (2006), O prezo da tentación (2008), Entrada ao xardín do saber (2014), A Rota do Oeste (2019), O día que ao Carlos lle fora mal (2018) e Á deriva (2018); o manual Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007) e Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético (2020).

Publica artigos e investigacións lingüísticas e literarias en revistas e periódicos, así como en volumes colectivos. É colaborador habitual no Diario de Ferrol.

Ficha editorial

AUTOR: Henrique Dacosta
IDIOMA: Galego
ISBN: 978-84-129637-6-2
ENCUADERNACIÓN: Rústica con lapelas
TAMAÑO: 14 x 21 cm
PÁXINAS: 366
DATA DE PUBLICACIÓN: Novembro 2025

Reseñas y entrevistas

El escritor ferrolano Henrique Dacosta acaba de dar el salto a la novela policiaca con su libro «Mortes con argumento», presentado la semana pasada en su barrio, Canido. Se trata de su debut en el género policiaco tras una amplia trayectoria literaria, con una historia de ambientación gallega que se mueve entre lo rural y lo urbano, combinando investigación policial, tradición y memoria en escenarios reconocibles.

Cadena Cope: Henrique Dacosta se estrena en la novela policiaca con «Mortes con argumento», una trama ambientada en Ferrolterra

Cadena SER: La incursión policial de Henrique Dacosta, «un canto á desaparición da nosa raíz» | Radio Ferrol | Cadena SER

RADIO VOZ FERROL: Henrique Dacosta presenta en Canido este xoves «Mortes con argumento», o seu primeiro thriller ambientado en Ferrolterra – Voces de Ferrol – RadioVoz – Podcast en iVoox

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “MORTES CON ARGUMENTO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

Carrito de compra
Scroll al inicio