,

O CASO QUINTANA

16,00 

+ Envío gratuito

Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a súa vida universitaria. Independencia, novos amigos, festas… Que pode saír mal? Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios.

Pago Seguro

SINOPSE

Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a súa vida universitaria. Independencia, novas amizades, festas… Que pode saír mal?

Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado.

Nos corredores da facultade de Psicoloxía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional coma Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e estraña. Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo.

Xunto a ela vivirá a aventura máis grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade.

SOBRE O AUTOR

Miguel Alonso (Ferrol, 1984) é licenciado en Psicoloxía, músico e escritor. Conta con varios discos publicados e recibiu prestixiosos premios tanto a nivel galego como no estado español, entre os que destacan o Xuventude Crea (2010) e unha Axuda á Creación Nova do Injuve (2013).

Como poeta e escritor de relatos curtos recibiu varias distincións e participou en diferentes publicacións colectivas, entre as que destacan Pegadas (2011), Dez Anos na Porta (2016) e Aldeas sen voz (2016).

O caso Quintana é a súa primeira novela.

Ficha editorial

AUTOR/A: Miguel Alonso
IDIOMA Galego
ISBN: 978-84-941751-8-3
ENCUADERNACIÓN: Rústica Con Lapelas
TAMAÑO: 14 X 21 cm
PÁGINAS: 224
AÑO DE PUBLICACIÓN: 2017

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O CASO QUINTANA”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio