Luz Darriba escribe unha novela claramente autobiográfica, desvelándonos una historia familiar e persoal atravesada polo forzoso exilio. Irónica, incisiva, enxeñosa e incluso tenra, o filtro do tempo permítelle recrear algúns pasaxes hilarantes.
Transmutada no seu alter ego Clara, enlaza un enérxico discurso contra o establishment mundial no que operan as ditaduras, as mafias de trata de persoas ou o integrismo relixioso. En conversa imaxinaria coa súa nai, deixa fluír as súas lembranzas dos anos infantís para mostrarnos a nena que foi, espelida, observadora e cun gran sentido da xustiza; reflexiona sobre a maternidade, as relacións familiares, as desigualdades ou a corrupción, e brinda, finalmente, pola vida e pola arte.
SOBRE A AUTORA
Luz Darriba naceu en 1954, en Montevideo. Trasladouse en 1970 coa súa familia a Bos Aires, e vive dende 1990 en Galicia. Filla da diáspora galego-asturiana no Río da Prata, estudou Belas Artes e Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires.Como artista, realizou centos de exposicións, macrointervencións en espazos públicos (como a da Muralla de Lugo, con 659.000 libros) e recibiu numerosas distincións internacionais.
Formou parte do staff permanente de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país (2005-2008). En 2010 retomou a súa vella vocación literaria, e publicou Toda a xente errante, a súa primeira novela (2012), Xoguetes para nenos cegos (2015) e O que o vento non se levou, relatos para espertar a memoria (2016). Recibiu nesta etapa varios recoñecementos, entre eles o Premio Ánxel Fole (2012). Os seus relatos forman parte de moitas antoloxías en España e Latinoamérica (como Bovarismos, antoloxía de relatos escritos por mulleres).
Escribe unha columna semanal en Nósdiario e colabora con distintas publicacións internacionais.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.