,

O ESTRAÑO CASO DA BICICLETA AMARELA. OITO CONTOS E UNHA TRAXICOMEDIA

16,00 

+ Envío gratuito

Henrique Dacosta volve a súa ollada aos tempos da súa infancia para somerxernos no territorio literario que nunca abandona: a cidade de Ferrol, por un lado, e a súa fascinante costa, por outro.

Pago Seguro

O realismo percorre esta escolma de relatos dispares, lembranzas dunha rapazada que medra escoitando as historias dos vellos mariñeiros e afánase en emulalos; das rúas onde ninguén pasa desapercibido; dun Arsenal que todo o impregna…

O libro está conformado por oito relatos, enchidos de pequenas traxedias, e unha breve peza dramático-cómica. Por eles aparecen, ademais, personaxes de narracións anteriores, como o teimudo pescador Belarmino, e o torreiro Terencio e mais o seu amigo Venancio, que n’O cabo do mundo nos contan as calamidades vividas na construción das baterías militares do cabo Prioiro.

Unha vez máis, o singular estilo de Dacosta lévanos a admirar o seu dominio da linguaxe e o seu profundo coñecemento de vocábulos e expresións dialectais que lle son propias.

 

 

SOBRE O AUTOR

 

Profesor e escritor. Premio Carvalho Calero con Mar para todo o sempre (1991), Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1993) e Unha mada de doce relatos (2006); Premio Lueiro Rey de Novela con Illas a sotavento (2019). Finalista no I Certame de Relato Curto Cidade Vella: Muralla de Crescórnio (1989). Participou en colectáneas de relatos: Longa lingua. Os contos da Mesa (2002); Seis ferroláns (2003); Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010).

Escribiu Os desherdados (2006), O prezo da tentación (2008), Entrada ao xardín do saber (2014), A Rota do Oeste (2019), O día que ao Carlos lle fora mal (2018) e Á deriva (2018); o manual Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007) e Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético (2020).

Publica artigos e investigacións lingüísticas e literarias en revistas e periódicos, así como en volumes colectivos. É colaborador habitual no Diario de Ferrol.

Ficha editorial

AUTOR/A: Henrique Dacosta
IDIOMA Galego
ISBN: 978-84-124434-3-1
ENCUADERNACIÓN: Rústica Con Lapelas
TAMAÑO: 14 X 21 cm
PÁGINAS: 140
AÑO DE PUBLICACIÓN: Setembro 2022

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O ESTRAÑO CASO DA BICICLETA AMARELA. OITO CONTOS E UNHA TRAXICOMEDIA”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio