O XARDÍN DAS SETE PORTAS

19,89 

+ Envío gratuito

Catorce contos e unha obra teatral que lle dá título compoñen este volume co que Concha Castroviejo gañou en 1961 o Premio Doncel (Contos). Traducido ao galego por Felicia Estévez, e ilustrado por María Lapido.

Pago Seguro

Por primeira vez, Belagua Ediciones importa para a lingua galega a que constitúe a práctica totalidade da obra infantil e xuvenil de Concha Castroviejo (Santiago de Compostela, 1910-Madrid, 1995), reunida en “O xardín das sete portas”. Estes catorce contos e unha obra teatral conforman, xunto coa novela “Los días de Lira”, a notable contribución á literatura xuvenil do seu tempo dunha autora que, malia ser unha das máis destacadas narradoras da posguerra española, permanece silenciada e, na súa terra, Galicia, ignorada.

O talento de Concha Castroviejo revélase en «O xardín das sete portas» con pasaxes de atraínte prosa poética. Historias cheas da maxia, a fantasía e a cor dos paraísos que coñeceu a súa autora. Rescatámolo agora traducido ao galego por Felicia Estévez, con suxestivas ilustracións de María Lapido, e prólogo de Raquel Conde Peñalosa, estudosa da literatura feminina e especialista na obra das escritoras da posguerra española. 

«Convidámosvos a ler os contos de Concha Castroviejo porque os paraísos que coñeceu e as estrelas que a iluminaron chegan ao noso corazón a través das súas historias» (Do prólogo de Raquel Conde Peñalosa).

SOBRE A AUTORA

Exiliada en México entre 1939 e 1949, Concha Castroviejo foi unha muller  valente para oponerse ás convencións do seu tempo, para loitar pola súa liberdade e para divulgar os traballos literarios de mulleres no seu labor de crítica literaria, cando isto apenas era tido en conta. Publicou en vida dúas novelas: Los que se fueron (1957) e Víspera del odio (1959), e deixou escrita unha terceira, En las praderas del gran Manitú, que foi publicada en 2020.

En 1953 trasladouse a Madrid, onde traballoua no diario Informaciones: dirixe o seu suplemento infantil e entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana.  Foi unha das poucas mulleres que trabalhou na crítica literaria, onde deixou un traballo inmenso en publicacións como  ÍnsulaLa Estafeta LiterariaCuadernos de OccidenteCuadernos HispanoamericanosBlanco y Negro ou Grial.

Ficha editorial

AUTOR/A: Concha Castroviejo
ILUSTRADOR/A: María Lapido
IDIOMA Galego
ISBN: 978-84-124434-5-5
ENCUADERNACIÓN: Tapa Dura. Holandesa
TAMAÑO: 25 X 23 Cm
PÁGINAS: 144
AÑO DE PUBLICACIÓN: Outubro 2022

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O XARDÍN DAS SETE PORTAS”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio