Neste novo traballo insístese de novo no lirismo e na maxia que, para todo clan familiar, ben pode referir unha procedencia xeográfica determinada, para alén de rexistrar como a importancia da figura da muller foi capital para unha xínea despois insistentemente louvadora do elemento masculino.
«O traballo de recuperación do léxico, tanto histórico, como propio é outra peza clave nesta novela, que como boa máquina de artellar pensamento pon en valor o noso patrimonio inmaterial: a fala. […] Un traballo impecable onde as personaxes, entre outras moitas características, falan dun xeito propio en cada unha das épocas, en cada unha das terras nas que habitan». (Do prólogo de Eva Méndez do Roxo).
SOBRE O AUTOR
Profesor Titular da Universidade da Coruña, onde lecciona lingua e literatura galegas, anteriormente foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Estremadura e Católica Portuguesa. É a única persoa que no estado español conta con tres teses de doutoramento e, publicando desde a adolescencia, leva máis de medio centenar de libros publicados.
Á parte de multitude de artigos e estudos aparecidos en revistas especializadas, deu ao prelo moitos ensaios sobre, eminentemente, literatura galega, vangardismo e republicanismo literarios; dentro do seu labor como creador é, por exemplo, responsábel da primeira novela pornográfica aparecida na literatura galega. É novelista e poeta
Valoraciones
No hay valoraciones aún.