OS DO MAR

18,00 

+ Envío gratuito

Un trhiller cheo de realismo máxico, ambientado na Mariña lucense. O debut na novela de Paco Paz, guionista, xornalista, documentalista e director de curtametraxes.

Categoría:
Pago Seguro

O pequeno porto de Rinlo, na costa de Lugo, é protagonista desta historia pola que desfilan personaxes estrambóticos, matóns e sereas terrestres, e na que nada nin ninguén é o que parece. Talvez, neses días finais do outono, só a vila mostra a súa auténtica faciana.
O xornalista de El Progreso Roi Díaz indagará sobre a desaparición dun vello mariñeiro percorrendo as súas estreitas rúas, as súas tabernas e a afuracada costa mariñá. A verdade, igual que o amor, esquivarao e rematará, como todo nesta vila colgada sobre os cantís, na infinidade do mar que a rodea.
Con Os do mar, Paco Paz debuta na novela cunha obra que enxalza a beleza natural e o pasado indiano da Mariña lucense. Comprácese nela en ensinar ao público algúns dos seus máis ricos tesouros.

Sobre o autor
Paco Paz (Ourense,1978). Guionista e xornalista de profesión, documentalista e director de curtametraxes, leva toda a súa vida contando historias. Colaborador de Galicia Confidencial e
O Salto Galiza, e becado pola Uni­ver­si­dade da Sorbona e a Berlinale Talents polos seus proxectos cinematográficos, presenta Os do mar, un thriller cheo de realismo máxico, ambientado na Mariña lucense.

Ficha editorial

AUTOR: Paco Paz
IDIOMA: Galego
ISBN: 978-84-128106-1-5
ENCUADERNACIÓN: Rústica con lapelas
TAMAÑO: 14 x 21 cm
PÁXINAS: 166
DATA DE PUBLICACIÓN: Marzo 2024

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “OS DO MAR”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio