PALEONTOLOXÍA (Bilingüe gal/cast)

16,00 

Unha homenaxe póstuma coa que a autora nos achega a paisaxe da súa infancia e os clarescuros da súa orixe. Co traxe de arqueóloga posto, escarva nos ósos dos seus devanceiros e desenterra as raíces da súa poética. Asistimos neste libro a un fermoso paseo por unha orografía familiar onde o home traballa na madeira, a muller escorbella verduras e a nena observa.

Categoría:
Pago Seguro

Paleontoloxía é un ritual de invocación, unha homenaxe póstuma coa que a autora nos achega a paisaxe da súa infancia e os clarescuros da súa orixe. Co traxe de arqueóloga posto, escarva nos ósos dos seus devanceiros e desenterra as raíces da súa poética. Asistimos neste libro a un fermoso paseo por unha
orografía familiar onde o home traballa na madeira, a muller escorbella verduras e a nena observa. Esta tríade invítanos a atravesar o limiar dun espazo atemporal onde todo é posible. Os avós poñen a lingua, a neta a palabra.

(Paleontoloxía é tamén un espectáculo de poesía escénica, producido por Meninas Teatro e dirixido e protagonizado por Fátima N. Delgado, con música de Manuel Cao Delgado), que xirará ao longo de 2025 por toda Galicia, localidades españolas e doutros países.
***
Paleontoloxía es un ritual de invocación, un homenaje póstumo con el que la autora nos acerca el paisaje de su infancia y los claroscuros de su origen. Con el traje de arqueóloga puesto, escarba en los huesos de sus ancestros y desentierra las raíces de su poética. Asistimos en este libro a un hermoso paseo por una orografía familiar donde el hombre trabaja en la madera, la mujer desgrana verduras y la niña observa. Esta tríada nos invita a atravesar el umbral de un espacio atemporal donde todo es posible. Los abuelos ponen la lengua, la nieta la palabra.

(Paleontoloxía es también un espectáculo de poesía escénica, producido por Meninas Teatro y dirigido y protagonizado por Fátima N. Delgado, con música de Manuel Cao Delgado), que girará a lo largo de 2025 por toda Galicia, localidades españolas y de otros países.

SOBRE A AUTORA

Fátima N. Delgado (O Barco de Valdeorras, 1981)
Poeta, dramaturga e actriz. Licenciada en Filoloxía inglesa pola USC e Universidade de Manchester, conta con mestrado en Lingüística. Poeta seleccionada na residencia Ámeto Mítico (2019) da Fundación Uxío Novoneyra e a Xunta de Galicia. Ten tres libros de poesía publicados: Ouveos/Aullidos (Seda de Biso, 2020), Ninfopoética (Urutau, 2018) e Vestida de domingo (Romania Minor, 2011). Ademais de programar e organizar distintos eventos poéticos, coa súa poesía escénica actuou en múltiples festivais de poesía, en Galicia, Madrid, México e Nova York. Levou á escena os poemas de Florencio Delgado no espectáculo Poesía e Pulso: Os lugares de Florencio Delgado Gurriarán (2022) coa música de Babykatze.
Como dramaturga, estrea o seu texto Run baby run, coprodución do Teatro Español, Centro Dramático Galego, a súa produtora Meninas Teatro e Proversus, na Sala Margarita Xirgú do Teatro Español (2024). Con Meninas Teatro escribe e actúa dende 2012. Na actualidade imparte obradoiros de poesía e teatro.

FICHA EDITORIAL

AUTORA: Fátima N. Delgado
IDIOMA Galego/Castellano
ISBN: 978-84-129637-3-1
ENCUADERNACIÓN: Rústica Con Lapelas
TAMAÑO: 14 X 21 cm
PÁGINAS: 80
DATA DE PUBLICACIÓN: Febreiro 2025

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “PALEONTOLOXÍA (Bilingüe gal/cast)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…

Carrito de compra
Scroll al inicio