PAXARO

23,00 €

Esta obra constitúe xa un clásico contemporáneo da literatura canadense que abriu a porta a importantes conversas sobre a violencia colonial, a discriminación das mulleres dos pobos orixinarios.

Pago Seguro

Ninguén asoballará a Bernice Meetoos.
Bernice Meetoos, a miúdo alcumada Birdie (paxariño), é unha fermosa e grande muller cree que agocha un segredo. En Paxaro seguiremos a súa viaxe física dende o seu fogar nunha reserva de Alberta ata Gibsons, na Columbia Británica, e tamén a súa viaxe no transo que a obriga a mirar con outros ollos a súa vida. Nesa procura dun fogar, dunha familia e dunha acollida, Bernice, na compaña da tía Val, da súa curmá Freda a Fraca, e de Lola, axúdanos a percorrer un país do que pouco coñecemos.
Lonxe do relato oficial do Canadá, da man das tradicións cree e da solidariedade entre as mulleres, Bernice aparece ante nós como unha muller extraordinaria que viaxa ao máis fondo do seu ser para recuperar a forza que precisa para reconstruír a súa vida.
Paxaro é unha conmovedora novela sobre a superación da dor individual e colectiva, na que a lingua propia, a conexión coa Terra, a cultura e coas mulleres que a foron creando axuda a reconfigurar o futuro.

SOBRE A AUTORA

TRACEY LINDBERG é cidadá da Nación cree das Rochosas As’in’î’wa’chî Ni’yaw e provén da Nación cree de Lake Kelly. Medrou en pequenas cidades e vilas do norte de Alberta e Saskatchewan. Recibiu numerosos premios como escritora de traballo académico, dado que é experta en estudos indíxenas e dereito indíxena en diferentes universidades canadenses. Paxaro é a súa primeira novela, un súper vendas que recibiu o premio de libro do ano por parte da CBC (a televisión pública canadense) e o National Post, ademais de ser finalista de Canada Reads, o Alberta Reader’s Choice Award e o KoboEmerginin Writer Prize, ademais do International Dublin Literary Award.

Ficha editorial

AUTORA: Tracey Lindberg
TRADUTORA: María Reimóndez
IDIOMA Galego
ISBN: 979-13-991282-3-9
ENCUADERNACIÓN: Rústica con solapas
TAMAÑO: 14,5 x 22 cm
PÁGINAS: 276
AÑO DE PUBLICACIÓN: 2026

 

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “PAXARO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio