Ampliamos o catálogo de libros sobre Galicia

O noso catálogo de libros orientados á promoción de Galicia, das súas riquezas naturais, culturais e patrimoniais, en xeral, vai incrementarse no primeiro trimestre do ano con novas publicacións. Editaremos novas guías fotográficas, en edicións bilingües (español-inglés) e publicaremos un libro de gran valor divulgativo: a crónica dunha gesta espeleológica levada a cabo no Courel. E… ata aquí podemos contar.

Carrito de compra
Scroll al inicio