Xulia María Barros

Xulia María Barros (Redondela, 1966) é escritora e terapeuta. Publicou o libro de poemas Carne y Ceniza e a obra infantil Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques Pequeñoles.

Como terapeuta e facilitadora de obradoiros en Crecemento Persoal e Educación Emocional desenvolve o seu traballo a través da psicoloxía, a música, a arte e a poesía.

Tamén como intérprete musical publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites de Galicia, que levou por diversos escenarios da nosa terra e da Arxentina.

Carrito de compra
Scroll al inicio