Falar do álbum ilustrado «Pedro, o piloto de gaivotas», que ten como temática a inclusión é falar de Pedro Darriba, o fillo de tres anos do autor, cunha enfermidade das denominadas raras.
Sen entrar na historia particular de Pedro nin na súa discapacidade, o desexo de Manuel Darriba foi “transmitir a idea de que todas as persoas teñen que ter un lugar no mundo para vivir felizmente e con dignidade». Asimismo, lembrar que «a dependencia non é exclusiva das persoas con discapacidade, senón que todas, nalgún momento das nosas vidas, necesitamos da axuda de outros”.
O protagonista de «Pedro, o piloto de gaivotas» é un neno con discapacidade ao que lle encanta ver mundo. Por iso se fixo piloto de gaivotas. Todas as mañás, unha gaivota vén á súa casa para levalo de viaxe.
As ilustracións de «Pedro, o piloto de gaivotas» son de Aida Alonso e están realizadas coa técnica do recorte con tesoiras e pegado de cartolinas de cores.
NOTICIAS EN PRENSA
Valoraciones
No hay valoraciones aún.